PAXINAS WEB RELACIONADAS CO CAMIÑO POR MAR

Ruta do mar de Arousa e río Ulla

A Ruta do mar de Arousa e río Ulla é un singular itinerario marítimo e fluvial que conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do apóstolo Santiago tras o seu martirio en Xerusalén, arredor do ano 44.

Travesía Naútica Xacobea

A Travesía Náutica Xacobea é unha opción de realizar o Camiño de Santiago  dun xeito distinto, por mar, e de conseguir a Certificación de Peregrinación Náutica, combinando navegación e ruta terrestre. Entregámoste a Credencial do Peregrino, a selamos en cada porto e guiámoste ata a Catedral por terra desde Portosín e desde Boiro.

Ruta Xacobea por mar

A ruta Xacobea por mar —na súa vertente ó longo do Mar Cantábrico— foi recuperada a raíz del acordo entre a Diocese de Compostela e a asociación de portos deportivos do Cantábrico ‘North Marinas’, que puxo en marcha o proxecto Navega o Camiño.

Camiño do mar

O Camiño do Mar é unha variante do Camiño do Norte a Santiago de Compostela. Os que optaban por esta vía, unha vez chegaban a Ribadeo, continuaban pola costa das provincias de Lugo e parte da coruñesa, cunha parada en Santo André de Teixido. Después, incorporábanse en Narón ó Camino Inglés

Camiño de mar

A asociación "El Camino del Mar Cantábrico" é un proxecto que xurde desde a paixón por compartir un espazo máxico coa vista posta no horizonte mariño. Nómades e sendeiristas, espíritos inquedos nunha viaxe cara o oeste, na súa particular ruta cara Santiago de Compostela polo litoral cantábrico.