A travesía

A viaxe compoñíase de 2.500 km. por mar, desembarque no porto da Coruña e, dende alí, continuar a peregrinación por terra ata Santiago. Faríase de forma espaciada en tres anos, a razón de 6 semanas de navegación por ano. Os remeiros embarcaban o 23 de maio de 2014 en Dublín, dende un punto próximo a Saint James Gate – a porta de Santiago- dende onde partían os peregrinos medievais e levaban consigo o pasaporte de peregrino. Durante a travesía van experimentado vivencias, coñecen os sitios nos que recalan, relaciónanse coas súas xentes. Contratempos, tesón e esforzo, pero tamén momentos de esparcimento nos diferentes portos e longas xornadas de cantos, risas e complicidade. Unha vez concluídas as etapas, arriban ao porto coruñés e trasladan o bote a Santiago e, ante o asombro dos viandantes, pasean a embarcación a ombros polas rúas compostelás. Pese a que non conseguen levar o bote ata o altar maior da catedral, entraron cos remos. Xa no interior do templo Danny Sheehy, impulsor do proxecto, tivo a honra de ler a invocación ao Apóstolo Santiago en irlandés na catedral de Santiago, cando se cumprían 800 anos da primeira peregrinación irlandesa. No verán de 2017, dispostos a seguir remando, a tripulación regresa a Galicia co fin de percorrer a costa Atlántica.