Os protagonistas

Brendan Begley

Dende moi novo absorbeu a música e as cancións do oeste de Kerry, convirtíndose nun referente principal da música tradicional irlandesa.
Ademáis das súas actuacións en radio e televisión, os concertos en vivo levaron o talento de Begley a numerosos escenarios de Europa e Estados Unidos.
Os seus anos de experiencia en xiras internacionais permitíronlle intervir como intermediario e capaz diplomático e establecer importantes contactos locais durante a viaxe.

Liam Holden

Estudou Arte en Dublín onde residiu ata 1983. Trasladouse despóis a Dingle, no condado de Kerry, dedicándose á pintura artística e traballando os veráns como pescador de langostas. Desde 1994 vive no condado de Wicklow, onde ten o seu estudo dende entón.
O mar e o Naomóg, o bote tradicional daquelas auguas convertéronse na principal fonte de inspiración dos seus cadros. As súas atópanse en coleccións privadas de Europa e Estados Unidos.
Co aprendiendo dos artesáns dos arredores de Ballyferriter, Danny eLiam construíron en el 2009 o seu primeiro naomhóg con capacidade para dous remeros.
Ya como experimentados artesáns, Danny e Liam construirían o Naomhóig na Tinte, con capacidade para catro remeiros no que en 2014 comenzarían o Camiño por Mar.

Brendan Moriarty

Pescador e de profesión albanel, ao ser o único membro da tripulación que carece de antecedentes creativos, incorporouse ao grupo con timidez, pero amosándose decidido na resolución de asuntos prácticos.
Coma se se tratase dun irónico presaxio, o seu apelido podería traducirse por “navegante” ou “dotado para o mar”.
A súa gradual transformación nestes anos continúa a sorprender aos demáis.

Danny Sheehy

Narrador, poeta, mestre da carpintería ata a súa retirada, pescador, granxeiro, escritor, recoñecido autor en irlandés, presente en numerosos programas de radio e televisión e gañador do premio “Oireachtas na Gaeigle” polos seus relatos e a súa poesía.
A súa afección ao mar levouno a remar en naomhóg dando a volta a Irlanda en 1975. Ata Islandia navegaría o ano 2011 con Paddy Barry no iate que despóis acompañaría na viaxe ao Naohm Gobnait nalgunhas xornadas complicadas.

Glen Hansard

Glen Hansard abandonou a escola seendo adolescente e buscouse a vida cantando polas rúas do centro comercial da capital irlandesa e traballando algún tempo nunha tenda de bicicletas.
En 1990 formou con outros músicos “The Farames”, un grupo musical co que chegaría a gravar sete albumes e a actuar en Australia e Nova Zelanda como teloneros de Bob Dylan.
Continuou a súa carreira profesional no mundo da música pero xa en solitario co seu salto ao estrelato no ano 2006 coa gravación do seu álbum “The Swell Season”, un de cuxos temas recibiría no 2008 o Óscar á mellor canción orixinal.
O seu colega músico Brendan Begley enrolaríao en 2016 como tripulante do Naohm Gobnait para sustituír a Moriarty, comprometido entón cos seus traballos profesionais nas semanas que darían fin ao último tramo do Camiño Xacobeo por mar.